A nosa filosofía basease en recuperar e manter a esencia dos viños de sempre, os que elaboraron dende antano os viticultores nesta zona do Condado.
Cremos firmemente que a base da elaboración dos nosos viños está no coidado das viñas e no contacto permanente cos viticultores para orientalos. Ao mesmo tempo, consideramos que a tradición e a modernidade deben ir da man e, por iso, traballamos buscando as últimas innovacións técnicas no sector e apostamos pola elaboración de novos produtos de calidade que poidan sorprender aos consumidores.
.
O concepto vitícola que nos define é aquel baseado no traballo coas nosas variedades autóctonas, outorgando gran importancia ao conxunto formado pola cepa, o chan, o clima e o viticultor.