Contactar: +34 986 66 72 12info@srubios.com

Enoturismo

Enoturismo e visitas

Visitas

Se queredes ter un maior coñecemento da cultura do viño, descubrir a nosa adega e a nosas fincas, saber máis dos nosos viños e gozar dun momento agradable, animámosvos a visitarnos. Nas nosas visitas tentamos acercar ao visitante a paixón pola nosa viticultura e por iso o noso persoal fará que vivan unha experiencia única e especial.
Atopámonos dentro da Ruta do Viño Rías Baixas, unha iniciativa da nosa Denominación de Orixe como parte do seu labor por promocionar o enorme patrimonio vinícola das Rías Baixas.
A nosa bodega conta con diferentes certificacións de calidade turística, por exemplo a “Q de Calidad Turística”, selo que expide o Instituto de Calidad Turística de España (ICTE), ou o SICTED (Compromiso de Calidade Turística) que promove a Secretaría de Estado de Turismo (SET).
Froito do noso compromiso cun servizo turístico de calidade para todos os nosos visitantes, Señorío de Rubiós é unha adega totalmente accesible para persoas con mobilidade reducida e por iso contamos coa certificación de “Turismo Accesible” expedida por PREDIF.
A nosa adega ofrece dous tipos de visitas: unha enfocada a un público amateur que quere pasar un momento agradable, coñecendo o proceso de elaboración dos nosos viños cunha degustación final, e outra visita máis especializada que conta coa presenza do noso adegueiro e cunha cata técnica final.
O visitante pode escoller a que máis se adapte aos seus gustos e motivacións e, no caso de que prefira outro tipo de visita, faremos o posible por adaptarnos ás súas necesidades e preferencias particulares.

VISITA XERAL

Visita guiada a algún dos nosos viñedos e á adega onde se explica o proceso de elaboración dos nosos viños. Deste xeito buscamos dar a coñecer a nosa bodega así como o seu entorno ao mesmo tempo que conseguimos que o visitante adquira un maior coñecemento da cultura do viño.

Recorreranse as instalacións da adega para explicar cada unha das fases de produción e elaboración. Así, ademais de coñecer un dos nosos viñedos, visitarase a que é zona de traballo durante a vendima, a zona das cubas, a sala de barricas, a de embotellado e a de catas. A visita completarase cunha degustación de tres dos nosos viños máis representativos.

Esta visita está destinada a todo tipo de públicos.

Detalles Visita Xeral

1 hora

Español: nivel alto, galego: nivel alto, inglés: nivel medio e portugués: nivel alto

  • Nº mínimo de visitantes: 1 persoa
  • Nº máximo de visitantes: 60 persoas

HORARIO VERÁN (de maio a outubro)

    • De luns a venres:
      • 12:00 horas / 14:00 horas / 16:30 horas / 18:30 horas
    • Fins de semana:
      • 11:30 horas / 13 horas / 18:30 horas / 19:30 horas

HORARIO INVERNO (de novembro a abril)

      • De luns a venres:
        • 12:00 horas / 14:00 horas / 15:30 horas / 17:00 horas
      • Fins de semana:
        • 11:30 horas / 13 horas / 16:30 horas / 17:30 horas

É necesario reservar, en caso contrario non garantimos que poidamos realizar a visita. As reservas poden facerse por teléfono no 986 66 72 12 ou no seguinte correo electrónico: info@srubios.com

Os horarios indicados poden variar excepcionalmente cando se trate de grupos amplos ou cando a visita sexa máis personalizada.

CANCELACIÓN: Agradécese que avisen con antelación se precisan cancelar a súa visita.

LOCALIZACIÓN: Bouza do Rato s/n – Rubiós, 36449 As Neves (Pontevedra)

N 42º 07´12” W 08º 25´49”

APARCAMENTO: Dispoñibilidade de aparcamento propio para os visitantes (16 coches + 1 coche para persoas con mobilidade reducida). Ademais, nas inmediacións da bodega dispoñen dunha ampla zona onde poden estacionar o seu vehículo.

ACCESIBILIDADE: As nosas instalacións son totalmente accesibles.

PREZO: 7 Euros

VISITA ESPECIALIZADA

Visita guiada aos viñedos e á adega onde se explica de xeito máis detallado o proceso de elaboración dos nosos viños.

Percorreranse as instalacións da adega para explicar en detalle cada unha das fases de produción elaboración, facendo fincapé naquelas máis interesantes para o visitante. Visitaranse tamén os viñedos para coñecer as características do noso territorio, a súa orientación… así como a zona de traballo durante a vendima, a zona de cubas e de barricas e as salas de embotellado e de cata. Nesta última terá lugar unha cata técnica final  con tres viños brancos, tres tintos e un espumoso.

Esta visita está deseñada para persoas especializadas no mundo do viño que desexen adquirir un coñecemento máis amplo da nosa adega e os nosos viños.

Detalles Visita Especializada

2 horas

Español: nivel alto, galego: nivel alto, inglés: nivel medio e portugués: nivel alto

  • Nº mínimo de visitantes: 1 persoa
  • Nº máximo de visitantes: 20 persoas
  • Só de luns a venres baixo reserva previa e suxeita a dispoñibilidade.

É necesario reservar, en caso contrario non garantimos que poidamos realizar a visita. As reservas poden facerse por teléfono no 986 66 72 12 ou no seguinte correo electrónico: info@srubios.com

Os horarios indicados poden variar excepcionalmente cando se trate de grupos amplos ou cando a visita sexa máis personalizada.

CANCELACIÓN: Agradécese que avisen con antelación se precisan cancelar a súa visita.

LOCALIZACIÓN: Bouza do Rato s/n – Rubiós, 36449 As Neves (Pontevedra)

N 42º 07´12” W 08º 25´49”

APARCAMENTO: Dispoñibilidade de aparcamento propio para os visitantes (16 coches + 1 coche para persoas con mobilidade reducida). Ademais, nas inmediacións da bodega dispoñen dunha ampla zona onde poden estacionar o seu vehículo.

ACCESIBILIDADE: As nosas instalacións son totalmente accesibles.

PREZO: 35 Euros

Contactanos

Atención cliente !
+34 986 66 72 12

 Email

Bouza do Rato, s/n, Rubiós

36449 As Neves

 Dirección

“SEÑORIO DE RUBIOS, SL ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es conseguir un tejido empresarial más competitivo y gracias al que ha asistido a la MISIÓN COMERCIAL A MÉXICO  para fomentar su internacionalización. Esta acción se ha desarrollado en junio  de 2022. Para ello ha contado con el apoyo del Programa Internacional de Promoción (PIP) de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa

Una manera de hacer Europa”

Srubios © 2018  All rights reserved. Terms of use and Privacy Policy