Contactar: +34 986 66 72 12info@srubios.com

Os Nosos Viños

Os nosos Viños

Na actualidade, Señorío de Rubiós elabora diferentes tipos de viño: brancos, tintos, rosados e espumosos que son o reflexo da esencia destas terras e o resultado da nosa filosofía de traballo.

VIÑOS BRANCOS

BRANCOS

  • Señorío de Rubiós Albariño: á vista presenta unha cor amarela pallosa con reflexos verdosos, é limpo e brillante. En nariz ten unha intensidade alta, moi fragrante, con toques florais. É fresco e limpo, recorda a froitas de óso (pexego e albaricoque). En boca resulta un viño moi potente, limpo, sedoso e glicérico cunha acidez moi ben integrada. Ten unha boa estrutura e untuosidade.
  • Señorío de Rubiós Condado do Tea Branco: elaborado con treixadura, albariño, loureira branca, godello e torrontés. É o viño tradicional que os nosos antepasados elaboraban nas súas casas, o que mellor representa e identifica as características destas terras do Condado do Tea.
  • Señorío de Rubiós Albariño ecolóxico: o primeiro viño ecolóxico da nosa adega, albariño 100%,  elaborado con uvas de parcelas ubicadas nos concellos de As Neves e Salceda de Caselas onde prima o gran traballo realizado polo viticultor. Destaca pola súa alta  intensidade, con moitas notas de froitas e cítricos.

VIÑOS TINTOS

TINTOS

  • Señorío de Rubiós Condado Tinto: esta elaboración tradicional xorde de combinar seis variedades autóctonas (sousón, caíño, mencía, pedral, espadeiro e brancellao). Ten unha intensidade media-alta e destacan as notas de froitas silvestres.
  • Señorío de Rubiós Condado Tinto Selección: este viño é a expresión dunha gran anada para a elaboración de tintos en Señorío de Rubiós. Un verán máis caluroso e seco do habitual reflíctese nunha extraordinaria maduración das seis variedades que forman este coupage. Ofrece unha gran intensidade e fortes notas de froita madura.
  • Señorío de Rubiós Sousón: elaborado unicamente coa variedade sousón. Ten unha intensidade alta e aromática e unha acidez fresca ben integrada.
  • Señorío de Rubiós Mencía: este mencía 100% ten unha intensidade alta onde destacan os froitos vermellos. Ofrece unha acidez media-baixa, boa estrutura e persistencia.
  • Nande Rosado: froito da nosa inquietude por innovar a partir da tradición, creamos este rosado con uva mencía. Ten notas afroitadas ou florais e unha acidez ben integrada.

VIÑOS ESPUMOSOS

ESPUMOSOS

  • Señorío de Rubiós Condado branco Brut: seguindo a elaboración tradicional a partir da base do Condado branco /albariño, treixadura, loureira branca, godello e torrontés). É intenso e complexo, con estrutura e frescura. Ofrece matices de froita de óso, loureiro ou clementina.
  • Señorío de Rubiós Condado branco Brut Nature: igualmente elaborado coa base do Condado branco polo método tradicional, resulta franco e con bastantes matices de froitas brancas maduras e crianzas.
  • Nande Rosado Brut: elaborado exclusivamente coa base de viño Mencía, presenta unha burbulla fina e persistente. Resulta afroitado e con notas a lévedos frescos e panadería.

COLECCIÓN MANUEL D´AMARO

COLECCIÓN MANUEL D´AMARO:

Dende sempre, a filosofía da bodega foi a de recuperar e manter os viños, as variedades, a tradición e a historia desta zona. A de continuar cun traballo que comezaron os nosos antepasados e que queremos legar ás xeracións futuras. Pretendemos que a esencia destas terras de O Condado se transmita en cada un dos nosos viños. Señorío de Rubiós quere que o cariño, o coidado co que os viticultores coidaron as viñas se exprese en cada un dos viños.  Recuperar e afianzar esas variedades autóctonas, descoñecidas fóra de Galicia pero cun alto potencial enolóxico, e dalas a coñecer son, sen dúbida, obxectivos de Señorío de Rubiós.

Na nova imaxe de Manuel D’Amaro mestúranse a tradición e a modernidade. Unha imaxe de liñas sinxelas na que queremos plasmar a esencia, a historia, a tradición, a verdade desta terra. Unha etiqueta que serve ao mesmo tempo para homenaxear aos viticultores desta zona, os nosos viticultores, así como aos nosos ancestros, xa que foron eles os que co seu cariño e o seu coidado permitiron que na actualidade teñamos o privilexio de ter viñas de Pedral, Sousón, Caíño, Espadeiro e Brancellao.

Esta homenaxe aos viticultores personifícase na figura de Manuel D’Amaro, falecido fai apenas uns anos. Manuel foi un dos impulsores da creación da bodega, un dos socios fundadores, un dos máximos defensores das variedades desta zona, un namorado dos tintos de Rubiós. Manuel era un traballador constante, un viticultor as 24 horas do día, un autodidacta humilde e unha persoa real con valores que sabía transmitir a súa paixón. El era auténtico e así o transmitiu, e así o queremos transmitir.

As viñas eran a súa devoción, o traballo no campo, o cariño e o esmero co que trataba as viñas eran a súa realidade, a súa verdade. Foi para nós o mellor exemplo e iso é o que queremos mostrar: esa realidade, esa verdade.

Manuel está presente en cada un dos viños da gama Manuel D’Amaro xa que, a simple vista, pode apreciarse en todas as etiquetas a súa boina. Todo aquel que o coñeceu sabía que sempre levaba unha boina que, ao mesmo tempo, transmitía  tradición, carácter, personalidade, pero tamén modernidade. Tal e como dicía Castelao, “non hai nada máis moderno que a tradición”.

Pero tamén está presente cunha frase en cada viño. En poucas palabras pode lerse o que simbolizaba para el cada un dos viños. É unha frase curta que para algúns pode ser unha frase sinxela, sen sentido, pero que reflicte a súa visión, o que el sentía por cada un dos viños, a súa verdade. E agora é a verdade da adega. Manuel dicía:

“O Caíño é o rei do viño ; o Espadeiro é unha marabilla; Pedral, quédome contigo; o Sousón é ouro de lei; o Brancellao hai que telo de man; Albariño, sincero e agradable, bo amigo; un Albariño sobre lías, para os mellores días”

Esta é unha colección que naceu da idea de traballar con variedades tradicionais e de recuperar aquelas variedades autóctonas moi asentadas na zona coas que ata o momento só se elaboraran viños de maneira tradicional.

É unha edición de viños moi limitada, na que se elaboran moi poucas botellas xa que a cantidade de uva destas variedades únicas é moi reducida. Ademais, supón un esforzo engadido para os viticultores, coñecedores da localización exacta de cada unha das plantas das diferentes variedades, xa que teñen que vendimalas por separado e traelas á adega no momento óptimo de madurez para poder elaborar os viños con garantía.

  • Manuel D´Amaro Pedral (pedral 100 %)
  • Manuel D´Amaro Sousón (sousón 100 %)
  • Manuel d´Amaro Caíño (caíño tinto 100 %)
  • Manuel d´Amaro Espadeiro (espadeiro 100 %)
  • Manuel d´Amaro Brancellao (brancellao 100 %)
  • Manuel d´Amaro Albariño (albariño 100 %)
  • Manuel d´Amaro Albariño sobre lías (albariño 100 % elaborado sobre lías)
  • Manuel d’Amaro Loureira (100 % loureira)
Atención cliente !
+34 986 66 72 12

 Email

Bouza do Rato, s/n, Rubiós

36449 As Neves

 Dirección

“SEÑORIO DE RUBIOS, SL ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es conseguir un tejido empresarial más competitivo y gracias al que ha asistido a la MISIÓN COMERCIAL A MÉXICO  para fomentar su internacionalización. Esta acción se ha desarrollado en junio  de 2022. Para ello ha contado con el apoyo del Programa Internacional de Promoción (PIP) de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa

Una manera de hacer Europa”

Srubios © 2018  All rights reserved. Terms of use and Privacy Policy